Presentación

Pincha na imaxe para agrandar

A Asociación Cultural SilvaRedonda xorde en Rianxo no ano 2018, cando un grupo de amigos do Barbanza deciden xuntarse coa finalidade de pór en valor a música tradicional galega a través do desenvolvemento de concertos e mostras didácticas, obradoiros e intercambios culturais con entidades afíns.

Foi na primavera do ano 2018 cando A. C. SilvaRedonda comezou a amenizar sesións vermú, romarías, roteiros culturais e seráns mediante a formación dunha charanga tradicional constituída por dúas gaitas, clarinete, acordeón, bombardino, tambor e bombo con pratos. Alén de actuar en vilas e cidades galegas, o grupo SilvaRedonda tivo a honra de ser escollido pola Casa de España da República Dominicana como representante da música tradicional galega para dinamizar unha serie de actos celebrados no outono do 2018.
Actualmente a charanga continúa a traballar nun repertorio composto de pezas tradicionais e outras de autor, integrando tanto temas instrumentais como vocais. Tamén cómpre destacar o coidado no uso e difusión da vestimenta tradicional galega.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

queres formar parte da nosa asociación?